TAC
1 temporada • 2017 • Finalizado

Drama
Continuación da serie Urxencia Cero.
Losada tivo sorte de atoparse á beira do hospital cando lle deu o ataque, porque senón morrería. Tras ser intervido recupérase nun cuarto do Francisco Balmis como un paciente máis. Laura, que non chegou a marcharse a Mallorca, está ao seu lado, xa non como a súa noiva senón como a súa prometida. Todo pinta ben para a feliz parella pero pronto unha terceira persoa irrompe na súa relación: Fina, a nai de Losada.
Ánxela e Sara están a coidar do seu pai, César, cuxa enfermidade (ELA) avanzou moito e necesita supervisión permanente. Ante esta situación as dúas irmás deciden contratar un coidador. O elixido é Gabriel, un mozo que traballa como limpador no hospital pero que ten formación de enfermeiro.
No Francisco Balmis, Muíños e Xurxo atenden a Roi, unha nova promesa do fútbol galego, cuxo pai presiona para que lle dean a alta médica e poida acudir a un importante partido.
En definitiva, un día máis no Francisco Balmis, se non fose porque, a altas horas da madrugada, Daniel Losada atopa algo no ascensor do hospital.

Episodios
La gente también ha visto
Cargando comentarios...